USO DE COOKIES

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como para amosarlle, desde o noso sitio web ou de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se desexa seguir navegando, consideramos que acepta o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

ACEPTAR

Condicións de compra

1. DEFINICIÓN DOS DOCUMENTOS CONTRACTUAIS E DA ACEPTACIÓN

1.1. Estas condicións xerais (en diante, as "Condicións Xerais") regulan o contrato establecido entre RETNOVA PROXECTIA CONSULTING, SL, con domicilio na rúa República Checa n.º 40, 15707, Santiago de Compostela (A Coruña), CIF B70470737, e co enderezo de correo electrónico: retnova@retnova.com (en diante “EMPRESA"), e vostede (en diante, "CLIENTE/A"), relativo ao acceso ás nosas actividades formativas en liña e aos produtos que poidamos vender, nos termos que se establecen nestas Condicións Xerais.
1.2. Só con pulsar o botón "Confirmar e pagar", situado ao final do proceso de compra, atribúelle a condición de PERSOA USUARIA do servizo detallado anteriormente, e por iso, a condición de CLIENTE/A; e expresa a aceptación plena e sen reservas do/a CLIENTE/A de todas e cada unha das Condicións Xerais.
1.3. Compromiso de comunicación das especificacións técnicas e xurídicas, e información ao/á CLIENTE/A das súas modificacións, así como o compromiso e aceptación por este/a. O CLIENTE/A entende que a información contida no apartado “Condicións de compra” da nosa web, tanto en referencia ás especificacións dos servizos prestados, como ás condicións xerais de contratación e perfeccionamento do contrato, son bastantes e suficientes para a exclusión de erro na formación do consentimento. Con todo, A EMPRESA comprométese a poñer en coñecemento do CLIENTE/A (a través do Servizo de Atención ao Cliente/a) calquera outra especificación técnica dos servizos, referente á relación contractual, ao primeiro requirimento por calquera medio que deixe constancia.
1.4. Normas relativas á formación e validez do contrato
As presentes condicións xerais de contratación pasarán a formar parte do contrato no momento de aceptación destas, que se verificará por medio dun clic no botón de "Confirmar e pagar" situado ao final do proceso de compra. Tratándose de contratación electrónica, ambas as partes renuncian á sinatura convencional, que se verá substituída pola xustificación escrita da contratación efectuada, nos termos establecidos no artigo 5 da Lei 7/1998, do 13 de abril, que regula as condicións xerais de contratación. O contrato será eficaz, producirá plenos efectos e xerará a obrigación, por parte da EMPRESA, de prestarlle ao/á CLIENTE/A o servizo de acceso ao curso correspondente, desde o momento en que se faga efectivo o pago, sempre que a actividade formativa dese comezo segundo o descrito na ficha do curso correspondente.

2. OBXECTO

As presentes condicións xerais teñen por obxecto establecer o marco en que a EMPRESA lle prestará ao/a CLIENTE/A, e este ou esta utilizará, a actividade formativa correspondente.

3. SERVIZOS

3.1. Servizos incluídos

O servizo de acceso ás actividades formativas, prestado a través da web: www.retnova.com, ofrece durante a vixencia do contrato, o material didáctico que estará accesible permanentemente na rede durante o período de duración da actividade, a posibilidade de realizar consultas ao equipo docente, realizar exercicios tipo test, simulacros de exame, casos prácticos e, se é o caso, reproducir vídeos. Normalmente só se require realizar os test e/ou as tarefas de cada tema para ter dereito ao correspondente diploma ou certificado da actividade formativa. Así mesmo, se fose necesario superar un test ou tarefa final sería indicado na ficha da actividade formativa correspondente.

3.2. Denegación da utilización do servizo

A EMPRESA resérvase o dereito para denegar a utilización do servizo, en calquera momento e sen necesidade de aviso previo, a aquelas persoas usuarias/clientela que incumpran estas Condicións Xerais ou a Lei de servizos da sociedade da información e do comercio electrónico.

3.3. Modificacións e cancelación dos servizos

As características dos servizos poderán verse modificadas coa finalidade de adaptalos á evolución técnica, así como calquera mellora técnica que permita incorporar un maior número de prestacións para a mellora do servizo.

4. OBRIGACIÓNS DO/A CLIENTE/A

4.1. Remuneración

4.1.1. Como contra prestación polo servizo, o cliente ou clienta terá a obrigación de satisfacer o prezo na contía e forma de pago que se indique nas táboas de tarifas publicadas pola EMPRESA no proceso de pago de cada curso.
4.1.2. En caso de falta de pagamento polo/a CLIENTE/A dalgunha das cantidades debidas á EMPRESA como contraprestación polo servizo, a EMPRESA resérvase o dereito para suspender este temporalmente. Transcorridos TRINTA (30) días desde a suspensión do servizo por esta causa sen que o/a CLIENTE/A satisfixese as cantidades debidas, a EMPRESA poderá suspender o servizo definitivamente, dando por finalizado o contrato co/coa CLIENTE/A por causa imputable a este/esta e reservándose o exercicio de todas as accións legais pertinentes para a recuperación das cantidades debidas.

4.2. Pago

4.2.1. En primeiro lugar, a persoa usuaria que visita a web: www.retnova.com deberá crear unha conta (para ter o dereito de acceso a esta) e onde achegará o seu nome, apelidos, enderezo postal (por se fose necesario o envío do diploma) etc. Unha vez que crease a devandita conta con éxito, recibirá unha mensaxe electrónica de confirmación por parte da EMPRESA.
4.2.1. Para efectuar o pago do prezo do curso, a persoa usuaria será redirixida a través dunha conexión segura a unha plataforma en liña de pago proporcionada por unha entidade financeira nacional na que deberá introducir os seus datos de tarxeta de crédito ou a conta de PayPal e aceptar a operación (pasando, nese momento, a ter a condición de “CLIENTE/A”).
4.2.2. Posteriormente, o/a CLIENTE/A recibirá simultaneamente unha resposta por parte do banco, indicándolle se a súa petición de autenticación é aceptada ou denegada. O cargo na conta producirase se a petición é aceptada.
4.2.3. O/A CLIENTE/A recibirá entón unha mensaxe electrónica por parte da EMPRESA, que o/a informará do seu rexistro con éxito na actividade formativa solicitada.
4.2.4. No caso de que haxa erros ou posibles duplicidades de pago, a EMPRESA, unha vez detectado o erro, comprométese á devolución íntegra do importe cargado erroneamente, ou enviado erroneamente pola persoa cliente.

4.3. Dereito de desistencia

4.3.1. Dado que o produto que vai comprar é un curso de formación, do que previamente se informou o/a CLIENTE/A, a través do detalle do temario e contidos xerais, datos que xa por si mesmos informan, e ademais se puido explicar previamente, e entender perfectamente por parte da clienta ou cliente, que o curso é do seu interese, non se contempla que se poida dar lugar á devolución do importe, nin á desistencia, a condición de que o/a cliente/a accedese á plataforma en liña e iniciase a sesión en liña do curso contratado.
4.3.2. Por excepción, o/a CLIENTE/A poderá desistir libremente do contrato dentro do prazo de 14 días contados desde a data de adquisición do curso a través do formulario de devolución situado na web: www.retnova.com, a condición de que non accedese á plataforma en liña e iniciase a sesión en liña do curso.
4.3.3. Así mesmo, o/a CLIENTE/A terá a posibilidade en todo momento de renunciar á compra efectuada, aínda producíndose a confirmación por parte da empresa, mediante unha mensaxe electrónica ao enderezo: retnova@retnova.com, producíndose a devolución do importe previamente cargado, sempre que non accedese á plataforma en liña e iniciase a sesión en liña do curso.
4.3.4. A empresa, aceptará unicamente devolucións no mesmo medio de pago, só para aqueles artigos adquiridos directamente a través de www.retnova.com. Para solicitar a devolución da totalidade ou parte do pedido, o/a CLIENTE/A deberá poñerse en contacto co Servizo de Atención ao Cliente, a través do enderezo electrónico: retnova@retnova.com, ou ben a través do teléfono 604 078 903,

4.4. Uso correcto dos servizos

O/A CLIENTE/A comprométese a utilizar os servizos de conformidade coa lei, así como a absterse de utilizar o servizo con fins ou efectos ilícitos, prohibidos nas presentes Condicións Xerais, lesivos dos dereitos e intereses de terceiras persoas, ou que de calquera forma poidan danar, inutilizar,  sobrecargar ou deteriorar os servizos, os equipos informáticos doutra clientela ou doutras persoas usuarias de Internet (hardware e software) así como os documentos, arquivos e toda clase de contidos almacenados nos seus equipos informáticos (hacking), ou impedir a normal utilización ou goce dos devanditos servizos, equipos informáticos e documentos, arquivos e contidos por parte dos demais clientes e doutros usuarios de Internet.

4.5. Claves de acceso

4.5.1. Asignación
De acordo coas características técnicas dos servizos en cada momento, A EMPRESA esíxelle ao/á CLIENTE/A o emprego dun código de cliente (login) e un contrasinal (password) para utilizar os servizos (en diante, as "Claves de Acceso"). As devanditas  “Claves de acceso” corresponderanse coas que a clienta ou o cliente definise no momento de crear a súa conta de acceso á Web www.retnova.com.
4.5.2. Uso e custodia
O/A CLIENTE/A comprométese a facer un uso dilixente das claves de acceso e a manter en segredo as súas claves de acceso, comprometéndose tamén a comunicarlle á EMPRESA a perda ou roubo das devanditas claves no menor prazo de tempo posible, co fin de que A EMPRESA as desactive. É importante destacar que dúas sesións abertas de forma concorrente a nome dunha mesma persoa subscritora (mediante a introdución do nome usuario/a e contrasinal en cada unha delas) desde equipos distintos, será motivo bastante e suficiente para dar de baixa de forma automática o/a CLIENTE/A, por considerar que incumpriu o contrato. Por outra banda, en todo caso, con cada unha das claves de acceso só se poderá acceder a unha única sesión aberta por persoa usuaria.

5. OBRIGACIÓNS DE EMPRESA

5.1. Prestación do servizo

A EMPRESA comprométese á prestación do servizo obxecto do presente contrato nas condicións que se establecen a continuación:
5.1.1 Obrigacións relativas á seguridade e á conservación das mensaxes en relación coas transaccións realizadas.
A EMPRESA comprométese a que todas as transferencias de datos que se efectúen a través dos seus URL de páxinas de compra de actividades formativas realizaranse baixo un servidor seguro, de tal modo que a información se transmite de forma encriptada e é inaccesible para calquera outra persoa. Ambas as partes comprométense expresamente á conservación de todas as informacións cruzadas entre elas, xa sexa a través da URL de EMPRESA: www.retnova.com ou a través de correo electrónico, como proba das transaccións realizadas.
5.1.2 Garantías do servizo
A EMPRESA comprométese a manter en funcionamento ininterrompidamente o servizo, salvo casos de forza maior ou razóns alleas á vontade e/ou ao seu control. Especificamente consideraranse para os efectos do presente contrato, de forma enumerativa e non exhaustiva, as seguintes: fallos, defectos ou deficiencias no servidor ou na rede de transmisión de datos.

6. LICENCIA

Os contidos publicados na web: www.retnova.com están suxeitos e protexidos polos dereitos de propiedade intelectual e propiedade industrial, incluíndo dereitos de autor/a, deseños, marcas comerciais, nomes de dominio, patentes, know-how, software ou bases de datos. A empresa é a propietaria de todos estes contidos e os dereitos asociados ao mencionado sitio web. A EMPRESA autoriza o/a CLIENTE/A á utilización normal, non exclusiva e de boa fe dos cursos, sen que en ningún caso poida extraer ou reutilizar a totalidade ou unha parte substancial do contido destes, avaliada cuantitativa ou cualitativamente, nin extraer ou reutilizar de forma sistemática partes non substanciais do contido, sempre que, pola súa natureza, deban considerarse contrarios a unha utilización normal ou lle causen un prexuízo inxustificado á EMPRESA.
A EMPRESA igualmente autoriza o uso non exclusivo dos textos que se inclúen nos cursos, sempre que se utilicen con fins profesionais debidamente autorizados e baixo a súa responsabilidade. Esta autorización en ningún caso permitirá alterar os textos nin infrinxir os dereitos de autoría das lexítimas persoas autoras. A EMPRESA non concede ningunha outra licenza ou autorización de uso de ningunha clase sobre os seus dereitos de propiedade intelectual, de propiedade industrial, sobre os segredos empresariais ou sobre calquera outra propiedade ou dereito relacionado cos servizos.

7. NOTIFICACIÓNS

Todas as notificacións, modificacións e comunicacións por parte da EMPRESA ao/a CLIENTE/A consideraranse eficaces para todos os efectos cando se realicen a través de calquera destes procedementos:
a. Envío por correo postal ao domicilio indicado polo/a CLIENTE/A.
b. Envío por correo electrónico a calquera das caixas de correos que o/a CLIENTE/A designe no momento de darse de alta ou posteriormente.
Para estes efectos, o/a CLIENTE/A manifesta que todos os datos facilitados por el ou ela son certos e correctos, e comprométese a comunicarlle á EMPRESA todos os cambios relativos ao seu domicilio, datos de cobranza e todo tipo de información necesaria para a xestión e mantemento da relación contractual entre A EMPRESA e o/a CLIENTE/A, quen responderá da veracidade dos seus datos. Ademais, as súas comunicacións á EMPRESA deberán dirixirse ao Servizo de Atención ao Cliente no seguinte enderezo: retnova@retnova.com.

8. CESIÓN DE DEREITOS

A EMPRESA poderá ceder o contrato, ou os dereitos procedentes do contrato, a calquera persoa ou entidade que poida prestar nun futuro o servizo, e está obrigada a comunicarllo ao/á CLIENTE/A nos termos previstos máis arriba.

9. DURACIÓN

O contrato entrará en vigor a partir da data do seu perfeccionamento, é dicir, desde o momento en que se fixo efectivo o pago e terá a duración que en cada caso se determine.

10. TERMINACIÓN

10.1. Causas

10.1.1. Desistencia
A EMPRESA poderá comunicarlle ao/á CLIENTE/A súa decisión de dar por terminado o contrato a través de calquera dos medios previstos anteriormente. Neste caso, A EMPRESA aboaralle ao/á CLIENTE/A parte proporcional do importe aboado correspondente ao período de contrato non cumprido.
10.1.2. Resolución
A EMPRESA e o/a CLIENTE/A teñen recoñecida a facultade de resolver o contrato en caso de incumprimento das obrigacións da outra parte, sempre que tal incumprimento non fose emendado nun prazo máximo de QUINCE (15) días tras a petición escrita da outra parte solicitando a corrección do incumprimento; a non ser que o devandito incumprimento se considerase insubsanable ou se fixese imposible o cumprimento do presente contrato para a parte denunciante, nese caso a resolución poderá ser inmediata. E isto, en todo caso, deixando a salvo a facultade de retirada e suspensión inmediata do servizo e a reclamación da indemnización por danos e perdas que corresponda, se é o caso, á parte cumpridora. A EMPRESA en ningún caso responderá polos danos e perdas que excedan do efectivamente pagado polo/a CLIENTE/A polo servizo concreto.

11. LEI APLICABLE

A prestación dos servizos obxecto deste contrato rexerase pola lexislación española.

12. XURISDICIÓN

A EMPRESA e o/a CLIENTE/A, con renuncia expresa a calquera outro foro, sométense aos xulgados e tribunais de Santiago de Compostela para calquera controversia que puidese derivarse da prestación dos servizos obxecto destas Condicións Xerais.

13. TRATAMENTO AUTOMATIZADO DE DATOS DE CARÁCTER PERSOAL

A persoa usuaria autoriza o tratamento dos seus datos persoais nos termos a continuación apuntados, sabendo que a mera aceptación do contrato autoriza o tratamento necesario para a prestación do servizo.

13.1. Datos persoais

A través do Formulario de Solicitude de Alta no Servizo, o cliente proporciónalle á EMPRESA os seguintes datos de carácter persoal (en diante, os "Datos Persoais"):
•Nome completo e apelidos
• Enderezo postal
• Enderezo de correo electrónico
• Número de teléfono
• Número de identificación fiscal
Unha vez completado o anterior formulario, se é o caso, deberá proporcionarlle á entidade financeira (ou empresa de PayPal) a través da que efectúe o pago do servizo os datos necesarios para efectuar a transacción.

13.2. Tratamento automatizado

Os datos persoais serán obxecto de tratamento automatizado por parte da EMPRESA, que para ese efecto procederá á súa incorporación a un ficheiro automatizado, cuxa titularidade lle corresponde á EMPRESA, e que cumprirá as esixencias da lexislación vixente aplicable (en diante, o "Ficheiro de datos persoais").

13.3. Finalidade

A finalidade da recollida e tratamento automatizado dos datos persoais consiste no mantemento da relación establecida nas Condicións Xerais, na xestión, administración, prestación, ampliación e mellora dos servizos, na adecuación dos servizos ás preferencias e gustos da clientela, no deseño de novos servizos relacionados coa actividade obxecto da EMPRESA, no envío de actualizacións dos servizos, coa finalidade de poder atender as peticións de información, contidos ou servizos solicitados.

13.4. Medidas de seguridade

A EMPRESA garante que adoptou as medidas oportunas de seguridade de nivel básico nas súas instalacións, sistemas e ficheiros, así como o tratamento confidencial dos datos persoais de conformidade coa lexislación vixente aplicable. A EMPRESA garante, así mesmo, o mantemento da confidencialidade dos datos persoais e o seu tratamento seguro. Iso, con todo, A EMPRESA revelaralles ás autoridades públicas competentes os datos persoais e calquera outra información que estea no seu poder ou sexa accesible a través dos seus sistemas e sexa requirida de conformidade coas disposicións legais e regulamentarias aplicables ao caso.

13.5. Consentimento

Mediante a aceptación a estas Condicións Xerais, o/a CLIENTE/A expresa o seu consentimento expreso para que os seus datos persoais sexan incorporados ao Ficheiro de datos persoais (denominado “Xestión Escolar”) e sexan obxecto de tratamento automatizado pola EMPRESA coas finalidades antes indicadas.

13.6. Dereitos de acceso, cancelación, rectificación e oposición, portabilidade, limitación do tratamento da clientela

A clientela ten recoñecidos e poderá exercitar os dereitos de acceso, cancelación, rectificación, oposición,  portabilidade e limitación do tratamento; así como modificar as súas preferencias de envíos comerciais de conformidade co Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e a Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.
Para iso contactarán coa EMPRESA enviando unha mensaxe electrónica desde o enderezo co que se deron de alta ao enderezo de correo: retnova@retnova.com, indicando como asunto "Baixa como persoa usuaria rexistrada de  retnova.com", indicando no texto da mensaxe o nome da persoa usuaria e o contrasinal; ou en cumprimento da Instrución 1/1998 do 19 de xaneiro da Axencia de Protección de Datos, deberá formularse unha solicitude dirixida á persoa responsable do ficheiro, que conterá: nome, apelidos da persoa interesada e acreditación da personalidade ante a EMPRESA mediante o envío dunha fotocopia do documento nacional de identidade ou calquera outro documento válido en Dereito; petición en que se concreta a solicitude; domicilio para os efectos de notificacións, data e sinatura da persoa solicitante; documentos acreditativos da petición que formula, se é o caso.

14. EXCLUSIVIDADE DA CESIÓN DE USO

Non se permite a distribución, modificación, cesión, comunicación pública, reprodución nin calquera outro acto de uso da totalidade ou parte da información facilitada ou publicada no servizo www.retnova.com, sen autorización previa e expresa de RETNOVA  PROXECTIA CONSULTING, SL. A autorización para a reprodución pode solicitarse ao enderezo de correo electrónico: retnova@retnova.com.

15. ENDEREZOS DE CONTACTO

retnova@retnova.com

R/ República Checa n.º 40, 15707, Santiago de Compostela (A Coruña)

16. CONSENTIMENTO E ACEPTACIÓN

Ao facer clic no botón "Lin e acepto os termos e condicións legais" do formulario de compra, consinto e acepto as condicións de uso arriba mencionados e entendo e acepto que estarei obrigada/o por elas. Consinto en recibir toda a información de RETNOVA  PROXECTIA CONSULTING, SL en formato electrónico soamente. Entendo que, se non consinto e acepto as condicións de uso na súa totalidade e sen modificación, non debo completar o meu rexistro.

ReTnova

C/República Checa nº40, Polígono de Costa Vella, 15.707, Santiago de Compostela, A Coruña

www.retnova.com · · 604 078 903·609 848 602