08/03/21
Un ano máis, desde ReTnova sumámonos a reivindicación dos dereitos das mulleres que se conmemora cada 8 de marzo no Día Internacional da Muller.
Nun tempo marcado pola pandemia do coronavirus demostrouse, unha vez máis, que as mulleres son esenciais para soster a vida nos fogares, hospitais, residencias... e púxose de relevo, as cargas desproporcionadas que soportan nos coidados, a precariedade dende a cal desenvolven, en moitos casos, o seu traballo, a persistencia da brecha salarial... e outros obstáculos que se viñeron sumando aos que xa existían antes da pandemia e que impiden a participación, o trato e o liderado das mulleres en condicións de igualdade.
Por todo isto, desde a nosa liña de actividade dedicada á igualdade de xénero e a prevención da violencia de xénero, contribuímos a estudar e instaurar accións que melloren a calidade de vida das mulleres e favorezan o seu empoderamento, apostando polo seu dereito na toma de decisións en todas as esferas da vida, a igual remuneración, a corresponsabilidade e a fin de todas as formas de violencia contras as mulleres e nenas.
ReTnova continúa traballando cada día por un cambio transformador en favor dun futuro igualitario para mulleres e homes.
Co compromiso de todas e todos, conseguirémolo!
Compartir en
C/República Checa nº40, Polígono de Costa Vella, 15.707, Santiago de Compostela, A Coruña
www.retnova.com · · 604 078 903·609 848 602
© ReTnova 2021