USO DE COOKIES

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como para amosarlle, desde o noso sitio web ou de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se desexa seguir navegando, consideramos que acepta o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

ACEPTAR
descripcion de imagen

Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia

11/02/21

Hoxe, 11 de febreiro, celébrase o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia. A UNESCO estableceu este día para recoñecer o rol que xogan as mulleres e as nenas na ciencia e na tecnoloxía.

Na actualidade, menos do 30% das persoas que se dedican á investigación científica son mulleres. Este dato pon de manifesto que son moitas as que seguen atopando obstáculos neste eido.

O equipo de ReTnova súmase a esta conmemoración co fin de acadar unha participación equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, favorecendo así a igualdade e o seu empoderamento.

Neste sentido, hoxe colaboramos na organización da Xornada “Algoritmos para romper desigualdades”, impulsada  polo Concello de Ferrol a través da plataforma ZOOM e na que participarán doutoras en Economía, Física, Matemáticas e Medicina. Con esta iniciativa, o Concello de Ferrol súmase á reivindicación da importancia do papel das mulleres e das nenas na ciencia.

Aínda estás a tempo de inscribirte na xornada que comeza ás 16:00h na seguinte ligazón: https://bit.ly/3riMjxb

Grazas!

Compartir en

Volver
ReTnova

C/República Checa nº40, Polígono de Costa Vella, 15.707, Santiago de Compostela, A Coruña

www.retnova.com · · 604 078 903·609 848 602