USO DE COOKIES

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como para amosarlle, desde o noso sitio web ou de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se desexa seguir navegando, consideramos que acepta o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

ACEPTAR
descripcion de imagen

Retomamos a formación!

05/03/21

Estamos moi contentas porque onte demos comezo ao primeiro curso en liña deste ano 2021. Trátase do curso “Abordaxe da violencia de xénero dende o ámbito educativo” impartido a través da Plataforma de Teleformación Galega (PLATEGA), da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e en colaboración coa Secretaría Xeral da Igualdade, da Consellería de Emprego e Igualdade.

Neste curso formaremos ao profesorado de distintas etapas educativas en materia de violencia de xénero. O obxectivo desta acción é  previr a aparición de actitudes violentas nos centros educativos e promover a existencia de climas de convivencia que favorezan o proceso de aprendizaxe e de desenvolvemento persoal do alumnado. Ademais, dotaráselles de indicadores de detección de posibles casos de violencia de xénero e de pautas básicas sobre como actuar.

Dende ReTnova, un ano máis, agradecemos á Secretaría Xeral da Igualdade e ao CAFI esta oportunidade concedida para titorizar esta formación.

Compartir en

Volver
ReTnova

C/República Checa nº40, Polígono de Costa Vella, 15.707, Santiago de Compostela, A Coruña

www.retnova.com · · 604 078 903·609 848 602