USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

ACEPTAR
descripcion de imagen

“En(redé)monos sen filtros”, cómic para a mocidade de Melide

09/03/21

No día de onte publicouse no Concello de Melide o cómic “En(redé)monos sen filtros, #contraaviolenciadexénero”, un proxecto no que vimos traballando estas últimas semanas.

Esta iniciativa naceu con motivo da conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, co obxectivo de concienciar ás mozas e aos mozos (e a cidadanía en xeral) contra a violencia de xénero na rede.

Trátase dun recurso educativo alternativo, que pretende invitar á mocidade a reflexionar e identificar a incidencia da violencia de xénero nos seus espazos simbólicos de interacción, internet e as redes sociais.

Deste xeito, o cómic, coa súa característica linguaxe visual, procura sensibilizar ás mozas e aos mozos sobre as diferentes formas de violencia de xénero dixital, dende a violencia psicolóxica a través do cibercontrol e o ciberacoso sexista, ata a violencia sexual mediante o ciberacoso sexual, sen esquecerse da violencia simbólica e das violencias cómplices.

O equipo de Retnova está moi contento de ter participado nesta interesante iniciativa e agradecemos enormemente ao Concello de Melide por confiar no noso traballo nesta aposta por sensibilizar e informar á mocidade melidense!

Compartir en

Volver
ReTnova

C/República Checa nº40, Polígono de Costa Vella, 15.707, Santiago de Compostela, A Coruña

www.retnova.com · · 604 078 903·609 848 602