USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

ACEPTAR
descripcion de imagen

Rematan as accións formativas no CEIP Santa Baia

30/01/20

O equipo de ReTnova desprazouse novamente estes días ao CEIP Santa Baia. para continuar co programa de accións formativas para a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero.

As alumnas e alumnos de 5º de primaria reflexionaron estas semanas sobre dous temas centrais na promoción da igualdade de xénero: o consentimento e a violencia contra as mulleres. Nestes días, leváronse a cabo o segundo e o terceiro taller do programa de accións formativas, nos cales falamos coa rapazada sobre autonomía corporal e consentimento, e as relacións violentas e non violentas respectivamente.

Cunha actitude activa e participativa e cun gran interese na materia, a rapazada involucrouse nas dinámicas e xogos propostos, desenvolvendo o seu pensamento crítico e a súa capacidade de diálogo. Espazo persoal, límites, autonomía, autoestima e bo/mal trato foron algúns dos conceptos clave traballados nestes talleres, cos que esperamos ter aberto (ou agrandado) unha ventá cara a igualdade real entre nenas e nenos.

Moitas grazas ao centro e ao alumnado pola súa magnífica acollida, e sobre todo por confiar en RETNOVA.

Compartir en

Volver
ReTnova

C/República Checa nº40, Polígono de Costa Vella, 15.707, Santiago de Compostela, A Coruña

www.retnova.com · · 604 078 903·609 848 602