USO DE COOKIES

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como para amosarlle, desde o noso sitio web ou de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se desexa seguir navegando, consideramos que acepta o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

ACEPTAR

Traballos realizados en igualdade de xénero

  • Elaboración do Plan de Igualdade entre mulleres e homes do Consorcio da Zona Franca de Vigo 2020-2023, 2020.
  • Deseño e execución dun programa dirixido a un grupo de mulleres vilalbesas, consistente na posta en marcha de accións formativas de empoderamento e prevención da violencia de xénero a través da acción colectiva e creación da idea de campaña do 25N. “As mulleres falamos e actuamos”. Concello de Vilalba, 2020.
  • Programa de actividades en materia de igualdade e sensibilización e prevención da violencia de xénero: “Participa en igualdade” ( a través de talleres de cestería) e “Videoforum pola igualdade”. Asociación de mulleres rurais de Lestedo, 2020.
  • Deseño e desenvolvemento dunha APP con información e recursos sobre a violencia de xénero dirixida principalmente ás mulleres adolescentes e mozas. Concello de Vilalba, 2020.
  • Deseño e execución da 2ª edición do programa BUFANDO (Burela actúa fronte á violencia de xénero) de prevención contra a violencia de xénero: merchandising da campaña, trípticos informativos, guía formativa sobre violencia de xénero dirixida á a Policía Local e Programa municipal de violencia de xénero. Concello de Burela, 2020.
  • Elaboración do V Plan de acción municipal para a igualdade entre mulleres e homes do Concello de Burela 2020-2024. Concello de Burela, 2020.
  • Formación sobre o plan de igualdade dirixida ao persoal do Concello. Concello de Negreira, 2020.
  • Programa Boiro Co-Educa – Programa de coeducación para a prevención da violencia de xénero en educación primaria e dirixido ao conxunto da comunidade educativa dos CEIP. Concello de Boiro, 2019.
  • Elaboración do IV Plan de Igualdade de Oportunidades do Concello de Negreira 2019-2022. Concello de Negreira, 2019.
  • Atención e dinamización de Stand informativo contra a violencia de xénero, con motivo da celebración do 25 de novembro. Concello de Burela, 2019.
  • Atención e dinamización do Stand Agresión-off durante a celebración de As San Lucas. Concello de Mondoñedo, 2019.
  • Accións a desenvolver no marco do Proxecto 0101_GNP_AECT_1_E Interreg España-Portugal, Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal. Campaña final do proxecto. Secretaría Xeral da Igualdade, 2019.
  • Accións a desenvolver no marco do Proxecto 0101_GNP_AECT_1_E Interreg España-Portugal, Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal. Concurso para o alumnado dos centros educativos das Eurocidades de Chaves-Verín, Salvaterra-Monçao e Tui-Valença. Secretaría Xeral da Igualdade, 2019.
  • Deseño e execución do programa BUFANDO (Burela actúa fronte á violencia de xénero) de prevención contra a violencia de xénero. Concello de Burela, 2019.
  • Deseño e execución do programa CATUXA de sensibilización sobre violencia de xénero e igualdade entre mulleres e homes. Mancomunidade de concellos da Mariña Lucense, 2018-2019.
  • Deseño e execución dun programa de accións educativos contra a violencia de xénero no IES Alfoz- Valadouro. Concello de Alfoz e Concello de O Valadouro, 2019.
  • Avaliación do III Plan de Igualdade de Oportunidades do Concello de Negreira, 2012-2018, 2019.
  • Avaliación do II Plan de Igualdade de Oportunidades do Concello de Rodeiro 2014-2017, 2018.
  • Deseño da posta en marcha do Plan Concilia Lalín, do proxecto Lalín Suma21. Concello de Lalín, 2018.
  • Conceptualización, organización e realización do evento O MAR NAS NOSAS MANS, para o fomento da participación das mulleres das confrarías de Galicia. Consellería do Mar, 2018.
  • Organización e conceptualización de TALENTO SEN TEITOS: Foro de experiencias emprendedoras que avanzan en igualdade. Concello de A Coruña, 2018.
  • Elaboración do Plan Galego de Conciliación e Corresponsabilidade, 2018-2021. Xunta de Galicia, 2018.
  • Ciclo de vídeo fórum: E ti que pensas? Para a sensibilización e concienciación sobre a violencia de xénero. Concello de Rodeiro, 2017.
  • Estratexias para a eliminación de estereotipos de xénero no exercicio da actividade profesional. Curso de formación presencial. Escola Galega de Administración Pública. Xunta de Galicia, 2017, 2018.
  • Deseño e avaliación de políticas públicas con perspectiva de xénero. Curso de formación presencial. Escola Galega de Administración Pública. Xunta de Galicia, 2017.
  • VII Plan Estratéxico de Galicia para a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes 2017-2020. Xunta de Galicia.
  • Elaboración da Guía “Emprende Igual": asesoramento ao emprendemento feminino con enfoque de xénero Innovatia 8.3 Exercicio 2013-2015”. Uniemprende-Woman Emprende. Universidade de Santiago de Compostela.
  • Elaboración dunha guía práctica para a aplicación da transversalidade de xénero no Plan INCITE. Xunta de Galicia.
  • Asistencia técnica na elaboración do VII Plan Estratéxico de Galicia para a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes 2017-2020. Xunta de Galicia.
  • Curso sobre abordaxe da violencia de xénero desde o ámbito educativo. Xunta de Galicia, 2013, 2014, 2015, 2016, 2017, 2018, 2019, 2020.
  • Metodoloxía de seguimento do VI Plan galego para a igualdade entre mulleres e homes. Estratexia 2013-2015. Elaboración do informe 2013. Xunta de Galicia.
  • Elaboración do II Plan para a igualdade entre mulleres e homes do Concello de Ames, 2013-2015.
  • Elaboración do III Plan para a igualdade entre mulleres e homes do Concello de Redondela, 2013-2015.
  • Elaboración de contidos, impartición e titorización do Curso de voluntariado para o apoio e acompañamento ás vítimas de violencia de xénero (formación en liña). Xunta de Galicia (varias edicións).
  • Elaboración de contidos, impartición e titorización do Curso de voluntariado para o tratamento de mulleres vítimas de trata de persoas (formación en liña). Xunta de Galicia (varias edicións).
  • A corresponsabilidade. Marco Conceptual. O Papel da Administración. Gaela consultora/Concello de Santiago de Compostela.
  • Curso sobre os dispositivos de creación de empresas e perspectiva de xénero para persoal técnico da USC. Xunta de Galicia.
  • Elaboración e avaliación de plans de igualdade e de violencia de xénero (Xunta de Galicia, Concello de Vigo...).
  • Elaboración de contidos e titorización dunha plataforma de formación en liña sobre violencia de xénero. “Igualdade forma”. Xunta de Galicia.
  • Outros estudos específicos: “Estudo sobre a situación das mulleres no ámbito rural galego“, “A discriminación de xénero no ámbito escolar galego” “A prostitución feminina na Comunidade Autónoma de Galicia”. Xunta de Galicia.
O noso campo de actuación é extenso, se non ves aquí o que estás buscando consúltanos, seguro que podemos axudarche.
 
ReTnova

C/República Checa nº40, Polígono de Costa Vella, 15.707, Santiago de Compostela, A Coruña

www.retnova.com · · 604 078 903·609 848 602