18/10/24
En Retnova atopámonos agora inmersas na impartición de varias sesións formativas para sensibilizar e capacitar ao persoal do Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga) sobre a importancia de integrar o enfoque de xénero tanto na organización como en todas as etapas de desenvolvemento dos seus proxectos.
Esta acción formativa nace dunha das medidas enmarcadas dentro do Plan de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes do CITMAga 2023-2027.
Durante as primeiras sesións formativas, ademais de explicar conceptos básicos relacionados coa igualdade de xénero, e os contidos e implicacións do plan de igualdade, púxose en común, entre outros temas, como a falta desta perspectiva de xénero perpetuou historicamente nesgos que invisibilizan as experiencias e necesidades das mulleres, a importancia de utilizar unha linguaxe non sexista etc.
A pesar dos seus beneficios, a incorporación da perspectiva de xénero na investigación non está exenta de desafíos. Aínda existen resistencias nalgunhas áreas de coñecemento, onde se percibe o xénero como un tema "alleo" ou "innecesario". Este é un obstáculo que debemos enfrontar a través da concienciación e da demostración do valor engadido que este enfoque achega á ciencia.
Con esta iniciativa, refórzase o compromiso do CITMAga de promover a creación de coñecemento con perspectiva de xénero, rigorosa e libre de nesgos que impacte de maneira positiva na sociedade.
A formación en perspectiva de xénero non só é unha cuestión de xustiza social, senón tamén de excelencia científica. Seguiremos con esta acción formativa durante as vindeiras semanas!
Compartir en
C/República Checa nº40, Polígono de Costa Vella, 15.707, Santiago de Compostela, A Coruña
www.retnova.com · · 604 078 903·609 848 602
© ReTnova 2021