USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

ACEPTAR
descripcion de imagen

Marco lexislativo sobre os dereitos das persoas con discapacidade e a súa inclusión social

04/11/24

A pasada semana demos comezo ao curso " Marco lexislativo específico e xeral sobre os dereitos das persoas con discapacidade e a súa inclusión social". Esta formación, inserida no Plan de Formación da Escola Galega de Administración Pública 2024, está deseñada integramente por RETNOVA para proporcionar unha comprensión profunda das normativas e políticas, que protexen os dereitos das persoas con discapacidade e promoven a súa inclusión social activa.

A programación aborda unha aproximación á normativa vixente que, de forma específica, trata a discapacidade e tamén outra normativa de carácter sectorial que inclúe aspectos que afectan aos dereitos das persoas con discapacidade nos distintos ámbitos como o deporte, o emprego, a educación, saúde etc.

Ao longo do curso, o alumnado analizará as leis e directrices tanto no ámbito autonómico como nacional e internacional, que aseguran a igualdade de oportunidades e o respecto polos dereitos fundamentais das persoas con discapacidade.

Esta acción formativa é unha excelente oportunidade para adquirir competencias e ferramentas que permitan unha mellor intervención e apoio ás persoas con discapacidade, así como para contribuír ao avance cara a unha sociedade máis xusta e inclusiva.

Moitas grazas á EGAP por confiar unha vez máis no labor de RETNOVA.

 

Compartir en

Volver
ReTnova

C/República Checa nº40, Polígono de Costa Vella, 15.707, Santiago de Compostela, A Coruña

www.retnova.com · · 604 078 903·609 848 602