USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

ACEPTAR
descripcion de imagen

Unha sociedade sen violencia, un dereito para todas as mulleres

25/11/24

Hoxe, 25 de novembro, conmemoramos o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, unha data para reflexionar sobre os desafíos que aínda quedan por acadar e sobre as vidas que se ven afectadas pola violencia de xénero en todas as súas formas.

Este día é unha chamada de atención para seguir traballando por unha sociedade na que ningunha muller viva con medo, onde todas gocen dos seus dereitos e da súa liberdade, sen ser sometidas a calquera tipo de violencia ou discriminación.

O tema escollido pola ONU para este 2024 é "Cada 10 minutos unha muller é asasinada. #NoHayExcusa. ÚNETE para poñer fin á violencia contra as mulleres"; o obxectivo é mobilizar a toda a sociedade ante unha alarmante escalada da violencia contra as mulleres, así como revitalizar os compromisos e esixir responsabilidade e medidas concretas.

A violencia de xénero afecta á vida, á saúde e ao benestar das mulleres e das persoas ao seu cargo, pero tamén á sociedade en xeral. É responsabilidade de todas e de todos crear espazos seguros e de respecto, onde a igualdade e o apoio sexan unha realidade.

En Retnova somos conscientes de que é fundamental seguir insistindo na sensibilización, na concienciación e formación, na prevención e no apoio ás vítimas, e nestas premisas baséase o noso traballo. Onte, hoxe e sempre, defendemos e apostamos por un mundo libre de violencias machistas, onde todas as mulleres, sen excepción, poidan vivir con dignidade, igualdade e liberdade.

Cada acción conta, cada voz suma, e cada compromiso é unha pequena vitoria.

 

Compartir en

Volver
ReTnova

C/República Checa nº40, Polígono de Costa Vella, 15.707, Santiago de Compostela, A Coruña

www.retnova.com · · 604 078 903·609 848 602