En cumprimento da normativa vixente en materia de protección de datos, Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello do 27 de abril de 2016 ( GDPR), Lei orgánica de protección de datos e garantía de dereitos dixitais ( LOPDGDD, Lei 3/2018 do 5 de decembro, informámolo/a a continuación da política de protección de datos persoais, no que se refire ao tratamento dos datos persoais:
Se é cliente/a:
Tratamos a información coa finalidade de posibilitar a adecuada prestación do servizo solicitado, a facturación, así como para o envío de comunicacións publicitarias ou promocionais dos nosos produtos e/ou servizos.
Se se puxo en contacto a través do formulario web:
Tratamos a información co fin de xestionar a consulta, queixa, suxestión e/ou reclamación.
Se se rexistrou na nosa tenda en liña:
Tratamos a información para xestionar a alta na tenda en liña, posibilitar a axeitada prestación do servizo solicitado, a facturación, así como para o envío de comunicacións publicitarias ou promocionais dos nosos produtos e/ou servizos.
Se cubriu o formulario para unirse a ReTnova desde a páxina web:
Tratamos a información para a alta na nosa bolsa de emprego.
Os datos persoais proporcionados conservaranse mentres se manteña a relación comercial coa persoa interesada e esta non solicite a súa supresión, tendo en conta os prazos previstos pola lexislación respecto á prescrición de responsabilidades.
Para tratar os seus datos baseámonos no consentimento que nos facilitou ou na execución do encargo ou no contrato.
Poderanse ceder ou comunicar os seus datos:
á xestoría, coa finalidade de prestar o servizo de xestión e asesoramento fiscal e contable;
á empresa de transporte, coa finalidade de realizar a entrega da mercadoría;
á empresa de informática, coa finalidade do mantemento de aplicacións e sistemas informáticos;
ao despacho de avogacía, con fin de recibir asesoramento xurídico;
á empresa de consultoría e certificación, con fin de definir e auditar os sistemas de xestión implantados na organización;
ás entidades bancarias, co fin de xestionar as transaccións económicas e o pagamento.
De conformidade coa normativa aplicable en materia de protección de datos, vostede ten unha serie de dereitos en relación co tratamento dos seus datos persoais. O exercicio destes dereitos será gratuíto para vostede, excepto nos casos en que se formulen solicitudes manifestamente infundadas ou excesivas, especialmente por repetitivas.
Estes dereitos son os seguintes:
Dereito de información. Vostede ten dereito a ser informada ou informado de maneira concisa, transparente, intelixible e de fácil acceso, cunha linguaxe clara e sinxela, sobre a utilización e tratamento dos seus datos persoais.
Dereito de acceso. Vostede ten dereito a solicitarnos en calquera momento que lle confirmemos se estamos a tratar os seus datos persoais, a que lle facilitemos acceso a estes e á información sobre o seu tratamento e a obter unha copia dos devanditos datos. A copia dos seus datos persoais que lle facilitemos será gratuíta, aínda que a solicitude de copias adicionais poderá estar suxeita á cobranza dunha cantidade razoable baseada nos custos administrativos. Pola nosa banda, poderemos pedirlle que acredite a súa identidade ou requirirlle máis información que sexa necesaria para xestionar a súa solicitude.
Dereito de rectificación. Vostede ten dereito a solicitar a rectificación dos datos persoais inexactos, non actualizados ou incompletos que lle concirnan. Tamén poderá solicitar que se completen os datos persoais, de ser o caso, mesmo mediante unha declaración adicional.
Dereito de supresión. Vostede ten dereito a solicitar a supresión dos seus datos persoais cando, entre outros motivos, os datos xa non sexan necesarios para os fins para os que fosen recollidos. Con todo, este dereito non é absoluto, de maneira que a nosa organización poderá seguir manténdoos debidamente bloqueados nos supostos previstos pola normativa aplicable.
Dereito a limitar o tratamento. Vostede ten dereito a solicitar que limitemos o tratamento dos seus datos persoais o que significa que poderemos seguir almacenándoos, pero non seguir tratándoos se se cumpre algunha das seguintes condicións;
que vostede impugne a exactitude dos datos, durante un prazo que lle permita á persoa responsable verificar a exactitude destes;
que o tratamento sexa ilícito e vostede se opoña á supresión dos datos e solicite, no seu lugar, a limitación do seu uso;
que a nosa entidade xa non necesite os datos para os fins do tratamento, pero vostede os precise para a formulación, o exercicio ou a defensa de reclamacións;
que vostede se opuxo ao tratamento, mentres se verifica se os motivos lexítimos da nosa entidade prevalecen sobre os seus.
Dereito á portabilidade dos datos. Vostede ten dereito a que os seus datos sexan transmitidos a outra entidade responsable do tratamento nun formato estruturado, de uso común e lectura mecánica. Este dereito aplícase cando o tratamento dos seus datos persoais estea baseado no consentimento ou na execución dun contrato e o devandito tratamento se efectúe por medios automatizados.
Dereito de oposición. Este dereito permítelle opoñerse ao tratamento dos seus datos persoais, incluída a elaboración de perfís. Non poderemos atender o seu dereito unicamente cando tratemos os seus datos no caso de que acreditemos motivos lexítimos para o tratamento ou para a formulación, o exercicio ou a defensa de reclamacións.
Dereito a non someterse a decisións automatizadas, incluídos perfís. Este dereito permítelle non ser obxecto dunha decisión baseada unicamente no tratamento automatizado, incluída a elaboración de perfís, que produzan —as devanditas decisións— efectos xurídicos ou lle afecten de modo similar. Salvo que a devandita decisión sexa necesaria para a celebración ou execución dun contrato, estea autorizada por unha lei ou se basee no consentimento.
Dereito a retirar o consentimento. Nos casos nos que obtivésemos o seu consentimento para o tratamento dos seus datos persoais en relación con determinadas actividades (por exemplo, co fin de enviarlle comunicacións comerciais), poderá retiralo en calquera momento. Desta forma, deixaremos de realizar esa actividade concreta para a que consentira previamente, salvo que exista outra razón que xustifique a continuidade do tratamento dos seus datos con estes fins, nese caso, notificarémoslle a devandita situación.
Dereito a presentar unha reclamación a unha autoridade de control: Vostede ten dereito a presentar unha reclamación na Axencia Española de Protección de Datos, C/ Jorge Juan, 6, 28001 Madrid, 901 100 099 – 912 663 517 (www.agpd.es), ou a través do seguinte formulario que proporciona a Axencia Española de Protección de Datos (formulario)
Poderá exercitar os dereitos antes indicados enviándonos unha mensaxe electrónica a: retnova@retnova.com acompañada dun documento acreditativo da súa identidade (DNI, pasaporte ou similar) e proporcionando os detalles necesarios para procesar a súa solicitude.
As persoas interesadas poden obter información adicional sobre os seus dereitos na páxina web da Axencia Española de Protección de Datos, www.agpd.es.
Os datos obtivéronse directamente da persoa interesada ou da súa representación legal.
A categoría de datos que se empregan son:
de identificación: nome e apelidos, NIF, enderezo postal, teléfonos, enderezo-e, imaxe,
datos bancarios: para a domiciliación e/ou xestión de pagamento,
os necesarios para o mantemento da relación comercial. Facturación.
Retnova cumpre integramente a lexislación vixente en materia de protección de datos de carácter persoal, e os compromisos de confidencialidade propios da actividade comercial.
Retnova adoptou as medidas técnicas necesarias segundo a natureza dos datos persoais tratados e as circunstancias do tratamento, co fin de evitar a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado.
A información persoal recollida a través dos diferentes formularios, será utilizada para os propósitos definidos nos supostos anteriormente informados, así como para o envío de comunicacións comerciais e de márketing. A persoa usuaria ten a posibilidade de darse de baixa no envío de información promocional na ligazón situada na parte inferior de cada unha destas comunicacións.
Para que a información que tratamos estea sempre actualizada e non conteña erros, pedímoslles á nosa clientela e ás persoas usuarias que nos comuniquen, o antes posible, as modificacións e rectificacións dos seus datos de carácter persoal.
A información persoal compilada das persoas interesadas almacénase en bases de datos propiedade de Retnova, que asume as medidas de índole técnica, organizativa e de seguridade que garantan a confidencialidade e integridade da información de acordo co establecido na normativa de protección de datos vixente.
A persoa usuaria responderá, en calquera caso, da veracidade dos datos achegados. Retnova resérvase o dereito a excluír dos servizos rexistrados a toda persoa usuaria que facilitara datos falsos, sen prexuízo das demais accións que procedan en Dereito
C/República Checa nº40, Polígono de Costa Vella, 15.707, Santiago de Compostela, A Coruña
www.retnova.com · · 604 078 903·609 848 602
© ReTnova 2021