Servizos de asistencia técnica para o deseño, planificación e avaliación de políticas públicas
Coa fin de dar resposta ás crecentes esixencias da sociedade, que non só espera unha oferta de servizos suficiente senón tamén de calidade, as administracións públicas e organizacións sociais deben estar en continuo proceso de deseño, posta en marcha e avaliación das súas políticas públicas, particularmente no ámbito social.
ReTnova colabora coas distintas administracións e entidades intermedias, así como co terceiro sector, ofrecendo diversos servizos sempre desde a perspectiva do respecto á igualdade de oportunidades e a xestión da diversidade:
-
Asesoramento para a planificación estratéxica e programación de políticas públicas.
-
Deseño de plans e programas de intervención en diferentes ámbitos: servizos sociais (discapacidade, dependencia, familia, infancia, persoas maiores, inclusión social…) e sociosanitarios, formación, emprego.
-
Avaliación de plans e programas de intervención.
-
Avaliación de novas formas de atención, de coidados, de prevención...
-
Elaboración de sistemas de indicadores.
-
Impulso da dinamización e da participación social: grupos de análise, foros de debate, intervención sociocomunitaria.
-
Estratexias Responsabilidade Social Empresarial-RSE para as administracións e organizacións colaboradoras.
-
Elaboración de guías, protocolos de actuación, iniciativas de desenvolvemento normativo.