Realice la transferencia al siguiente número de cuenta: ES45 0182 5920 5102 0196 5371 (BBVA)
Información de como realizar la transferencia:
Debe poner como concepto su nombre y apellidos.
Hasta que se reciba la transferencia en la cuenta, su pedido no va a ser procesado.
ESTE CURSO ESTARÁ MUY PERO QUE MUY PRONTO!
Aviso
Quiero estar al día!!
USO DE COOKIES
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.
Elaboración do Plan de Igualdade entre mulleres e homes do Consorcio da Zona Franca de Vigo 2020-2023, 2020.
Deseño e execución dun programa dirixido a un grupo de mulleres vilalbesas, consistente na posta en marcha de accións formativas de empoderamento e prevención da violencia de xénero a través da acción colectiva e creación da idea de campaña do 25N. “As mulleres falamos e actuamos”. Concello de Vilalba, 2020.
Programa de actividades en materia de igualdade e sensibilización e prevención da violencia de xénero: “Participa en igualdade” ( a través de talleres de cestería) e “Videoforum pola igualdade”. Asociación de mulleres rurais de Lestedo, 2020.
Deseño e desenvolvemento dunha APP con información e recursos sobre a violencia de xénero dirixida principalmente ás mulleres adolescentes e mozas. Concello de Vilalba, 2020.
Deseño e execución da 2ª edición do programa BUFANDO (Burela actúa fronte á violencia de xénero) de prevención contra a violencia de xénero: merchandising da campaña, trípticos informativos, guía formativa sobre violencia de xénero dirixida á a Policía Local e Programa municipal de violencia de xénero. Concello de Burela, 2020.
Elaboración do V Plan de acción municipal para a igualdade entre mulleres e homes do Concello de Burela 2020-2024. Concello de Burela, 2020.
Formación sobre o plan de igualdade dirixida ao persoal do Concello. Concello de Negreira, 2020.
Programa Boiro Co-Educa – Programa de coeducación para a prevención da violencia de xénero en educación primaria e dirixido ao conxunto da comunidade educativa dos CEIP. Concello de Boiro, 2019.
Elaboración do IV Plan de Igualdade de Oportunidades do Concello de Negreira 2019-2022. Concello de Negreira, 2019.
Atención e dinamización de Stand informativo contra a violencia de xénero, con motivo da celebración do 25 de novembro. Concello de Burela, 2019.
Atención e dinamización do Stand Agresión-off durante a celebración de As San Lucas. Concello de Mondoñedo, 2019.
Accións a desenvolver no marco do Proxecto 0101_GNP_AECT_1_E Interreg España-Portugal, Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal. Campaña final do proxecto. Secretaría Xeral da Igualdade, 2019.
Accións a desenvolver no marco do Proxecto 0101_GNP_AECT_1_E Interreg España-Portugal, Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal. Concurso para o alumnado dos centros educativos das Eurocidades de Chaves-Verín, Salvaterra-Monçao e Tui-Valença. Secretaría Xeral da Igualdade, 2019.
Deseño e execución do programa BUFANDO (Burela actúa fronte á violencia de xénero) de prevención contra a violencia de xénero. Concello de Burela, 2019.
Deseño e execución do programa CATUXA de sensibilización sobre violencia de xénero e igualdade entre mulleres e homes. Mancomunidade de concellos da Mariña Lucense, 2018-2019.
Deseño e execución dun programa de accións educativos contra a violencia de xénero no IES Alfoz- Valadouro. Concello de Alfoz e Concello de O Valadouro, 2019.
Avaliación do III Plan de Igualdade de Oportunidades do Concello de Negreira, 2012-2018, 2019.
Avaliación do II Plan de Igualdade de Oportunidades do Concello de Rodeiro 2014-2017, 2018.
Deseño da posta en marcha do Plan Concilia Lalín, do proxecto Lalín Suma21. Concello de Lalín, 2018.
Conceptualización, organización e realización do evento O MAR NAS NOSAS MANS, para o fomento da participación das mulleres das confrarías de Galicia. Consellería do Mar, 2018.
Organización e conceptualización de TALENTO SEN TEITOS: Foro de experiencias emprendedoras que avanzan en igualdade. Concello de A Coruña, 2018.
Elaboración do Plan Galego de Conciliación e Corresponsabilidade, 2018-2021. Xunta de Galicia, 2018.
Ciclo de vídeo fórum: E ti que pensas? Para a sensibilización e concienciación sobre a violencia de xénero. Concello de Rodeiro, 2017.
Estratexias para a eliminación de estereotipos de xénero no exercicio da actividade profesional. Curso de formación presencial. Escola Galega de Administración Pública. Xunta de Galicia, 2017, 2018.
Deseño e avaliación de políticas públicas con perspectiva de xénero. Curso de formación presencial. Escola Galega de Administración Pública. Xunta de Galicia, 2017.
VII Plan Estratéxico de Galicia para a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes 2017-2020. Xunta de Galicia.
Elaboración da Guía “Emprende Igual": asesoramento ao emprendemento feminino con enfoque de xénero Innovatia 8.3 Exercicio 2013-2015”. Uniemprende-Woman Emprende. Universidade de Santiago de Compostela.
Elaboración dunha guía práctica para a aplicación da transversalidade de xénero no Plan INCITE. Xunta de Galicia.
Asistencia técnica na elaboración do VII Plan Estratéxico de Galicia para a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes 2017-2020. Xunta de Galicia.
Curso sobre abordaxe da violencia de xénero desde o ámbito educativo. Xunta de Galicia, 2013, 2014, 2015, 2016, 2017, 2018, 2019, 2020.
Metodoloxía de seguimento do VI Plan galego para a igualdade entre mulleres e homes. Estratexia 2013-2015. Elaboración do informe 2013. Xunta de Galicia.
Elaboración do II Plan para a igualdade entre mulleres e homes do Concello de Ames, 2013-2015.
Elaboración do III Plan para a igualdade entre mulleres e homes do Concello de Redondela, 2013-2015.
Elaboración de contidos, impartición e titorización do Curso de voluntariado para o apoio e acompañamento ás vítimas de violencia de xénero (formación en liña). Xunta de Galicia (varias edicións).
Elaboración de contidos, impartición e titorización do Curso de voluntariado para o tratamento de mulleres vítimas de trata de persoas (formación en liña). Xunta de Galicia (varias edicións).
A corresponsabilidade. Marco Conceptual. O Papel da Administración. Gaela consultora/Concello de Santiago de Compostela.
Curso sobre os dispositivos de creación de empresas e perspectiva de xénero para persoal técnico da USC. Xunta de Galicia.
Elaboración e avaliación de plans de igualdade e de violencia de xénero (Xunta de Galicia, Concello de Vigo...).
Elaboración de contidos e titorización dunha plataforma de formación en liña sobre violencia de xénero. “Igualdade forma”. Xunta de Galicia.
Outros estudos específicos: “Estudo sobre a situación das mulleres no ámbito rural galego“, “A discriminación de xénero no ámbito escolar galego” “A prostitución feminina na Comunidade Autónoma de Galicia”. Xunta de Galicia.
O noso campo de actuación é extenso, se non ves aquí o que estás buscando consúltanos, seguro que podemos axudarche.